© OCEAN LAVA GALICIA - CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. Vedra s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email info@oceanlavagalicia.com

REGULAMENTO

DATA E LUGAR                           

Sábado 14 de marzo de 2020

Vedra. Avenida M. Manuel Gómez Lorenzo, 15885 Vedra.

 

MODALIDADE:                             

A proba disputarase sobre a modalidade de dúatlon contra o reloxo por equipos. Equipos de 4 a 6 compoñentes, rexéndose polo regulamento de competicións da Federación Española de tríatlon para este tipo de probas.

 

DISTANCIA

Disputarase sobre distancia sprint (5 km carreira - 20 km ciclismo - 2,5 km carreira).

PREZO DA INSCRICIÓN:

85 EUROS POR EQUIPO

COMPETICIÓNS

OCEAN LAVA GALICIA DUATLÓN POR EQUIPOS 2020:

Todos os clubs con licenza autonómica, nacional ou estranxeira.

Máximo un equipo masculino e un equipo feminino por club.

Cada equipo terá entre 4 e 6 deportistas do mesmo sexo e club.

Poderán combinarse dentro do mesmo equipo deportistas de distintas categorías de idade de cadete en adiante.

Os equipos iran uniformados do mesmo xeito, seguindo a normativa FETRI

EQUIPOS CON LICENZA AUTONÓMICA GALEGA:

Puntuarán ademais para o Campionato Galego de Duatlón por Equipos

OCEAN LAVA GALICIA DUATLÓN POR EQUIPOS OPEN 2020

Todos os clubs con licenza autonómica, nacional ou estranxeira.

Cantos equipos por club se desexe (A,B,C), ata completar inscrición.

Cada equipo terá entre 4 e 6 deportistas do mesmo sexo e club.

Poderán combinarse dentro do mesmo equipo deportistas de distintas categorías de idade de cadete en adiante.

Os equipos iran uniformados do mesmo xeito, seguindo a normativa FETRI

OCEAN LAVA GALICIA DUATLÓN POR EQUIPOS PROMOCIÓN 2020

Equipos compostos por deportistas sen licenza federativa e/ou deportistas federados con licenza independente

Nesta categoría non se permitirán deportistas con licenza por un club, agás daqueles clubes que non den reunido a 4 deportistas para formar un equipo, tendo en conta que en ningún caso o resultado será certificado para o club federado, senón que os/as deportistas participarán a través da súa licenza pero de xeito individual integrados/as nun equipo popular, ao igual que independentes e non federados.

Os compoñentes non federados deberán facer a licenza de un día. Custe de 12 €

Cada equipo terá entre 4 e 6 deportistas do mesmo sexo.

Poderán combinarse dentro do mesmo equipo deportistas de distintas categorías de idade de cadete en adiante.

Os equipos, na medida do posible, irán uniformados do mesmo xeito.

Nº DE PRAZAS

               

120 equipos en total (sen contar os equipos do campionato galego)

As prazas concederanse por rigorosa orde de inscrición sen importar a categoría (masculina ou feminina) nin a cantidade de equipos que inscriba cada club.

Unha vez completada abrirase a lista de espera.

No campionato galego masculino e feminino non haberá límite de equipos.

INSCRICIÓN DE EQUIPOS

Dende 10:00 do domingo 12 de xaneiro de 2020

ata as 23:59 do mércores 26 de febreiro de 2020.

Realizarase on-line, na web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Competicións /Regulamentos-Inscricións. Pinchar sobre a carreira e ir ó enlace que desexen:

  • INSCRICIÓN DE EQUIPOS OCEAN LAVA 2020.

  • INSCRICIÓN DE EQUIPOS OCEAN LAVA OPEN 2020.

  • INSCRICIÓN DE EQUIPOS  OCEAN LAVA PROMOCIÓN 2020. Deportistas con licenza de 1 día e/ou independentes.

O pago faise a través de TPV.

Os equipos estranxeiros,  no momento da inscrición dos deportistas (deberán enviar un certificado da federación nacional correspondente de que cada deportista do equipo posúe licenza polo mesmo club e ten cobertura de seguro deportivo internacional na proba de referencia. O certificado será enviado a fegatri@hotmail.com

BAIXAS DE EQUIPOS E POLÍTICAS DE DEVOLUCIÓNS

Ata as 23:59 do mércores 26 de febreiro de 2020, data de peche da inscrición de equipos, poderán darse de baixa os equipos sen custo algún.

Deberán solicitarse ao correo electrónico www.fegatri.org  .

A partir dese momento non se devolverán os importes das inscricións.

As devolucións das baixas comunicadas en tempo e forma serán aboadas na semana seguinte á celebración da proba.

No caso de inscricións incompletas (falta de documentación) finalizado o prazo de inscrición, estas serán anuladas e non se farán devolucións.

FIANZA

Cada club deberá depositar no momento da recollida de dorsais unha fianza de 20 € por cada equipo inscrito en concepto de alugueiro de chip. Esta cota será obrigatoria para todos os clubs dado que o sistema de cronometraxe que se vai empregar non admite chip en propiedade.

Para recuperar a fianza de cada equipo (4 a 6 compoñentes) deberá entregar conxuntamente todos os chips unha vez rematada a proba.

INSCRICIÓN DOS COMPOÑENTES DOS EQUIPOS

Dende as 10:00 do domingo 12 de xaneiro ata as 23:59 do MARTES 10 de marzo de 2020.

Realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Competicións /Regulamentos-Inscricións. Pinchar sobre a carreira e ir ó enlace Inscrición e acceder a través do apartado FEDERADOS CLUBES ou FEDERADOS INDEPENDENTES e introducirán os datos  necesarios e o nome do equipo, (Exemplo EQUIPO A, B,… no caso dos equipos de clubs nacionais ou “EQUIPO NOME XXXX” no caso dos equipos estranxeiros e de Promoción) na casilla correspondente.

Cada equipo poderá inscribir 6 deportistas máis 2 reservas  aos efectos de realización de cambios ata o prazo establecido.

  • DEPORTISTAS FEDERADOS DE CLUBS CON LICENZA NACIONAL

Dentro da carreira picarán na ligazón INSCRICIÓN COMPOÑENTES DOS EQUIPOS. FEDERADOS, e introducirán o código do club (código a utilizar o mesmo que o do programa de licenzas). Cada equipo poderá inscribir 6 deportistas máis 2 reservas que indicará.

  • PARTICIPANTES CON LICENZA DE OUTRO PAÍS

Dentro da carreira picarán na ligazón INSCRICIÓN COMPOÑENTES DOS EQUIPOS

NON FEDERADOS. Unha vez aí introducirán os datos e documentación que solicita a plataforma  para que esta poida ser validada (DNI/Pasaporte e documento de protección de datos http://fegatri.org/wp-content/uploads/2019/12/ficha-non-federados-1.docx)  o nome do equipo*. Cota licencia de 1 día 12€- A aboar a través de TPV.

Deberán enviar antes do peche das 23:59 do martes 10 de marzo de 2020 ao correo fegatri@hotmail.com  certificado da súa federación de estar en posesión de licenza polo club correspondente,  con cobertura de seguro deportivo internacional na proba de referencia. Unha vez presentada e validada a certificación, realizaráselles a devolución do importe da cota de licenza de 1 día,  na mesma conta de pagamento a través do TPV.

En caso de non facelo o equipo competirán na proba de promoción.

  • DEPORTISTAS INDEPENDENTES CON LICENZA NACIONAL   

Dentro da carreira picarán na ligazón INSCRICIÓN COMPOÑENTES DOS EQUIPOS.

FEDERADOS. Introducirase número de licencia, data de nacemento e nome do equipo de promoción*.

  • PARTICIPANTES NON FEDERADOS (LICENZA DE UN DÍA)

Dentro da carreira picarán na ligazón INSCRICIÓN COMPOÑENTES DOS EQUIPOS. NON FEDERADOS. Cota licencia de 1 día de 12€. A cota aboarase online a través de TPV. Unha vez ahí introduciranse os datos e documentación que solicita a plataforma  para que esta poida ser validada (DNI/Pasaporte e documento de protección de datos asinado http://fegatri.org/wp-content/uploads/2019/12/ficha-non-federados-1.docx )   e o nome do equipo de promoción. Os equipos de promoción poderán incluír ata 2 reservas, sen custo se son deportista independentes federados e aboando a cota de licenza de 1 día no caso de deportistas non federados. A cota de dita licenza de 1 día dos reservas non federados será devolta na semana seguinte a celebración da proba.

CAMBIOS DOS COMPOÑENTES DOS EQUIPOS

Ata as 15:59 a.m. do XOVES 12 de marzo, poderán efectuarse cambios dentro da composición dos equipos.

Os cambios  poderán ser de titulares dos equipos por reservas ou entre equipos para aqueles clubs que teñan varios equipos inscritos. Estes cambios faranse só entre deportistas xa inscritos en prazo.  Non se poderán engadir novas inscricións.

 

Para efectuar cambios nos compoñentes dos equipos enviarase un mail ao correo da Federación Galega fegatri@hotmail.com . Unha vez rematado o prazo non poderá efectuarse baixo ningún concepto cambios nos compoñentes dos equipos.

 

PUBLICACIÓN DE LISTAS DE INSCRITOS

 

  • Publicación lista provisional de inscritos

 

xoves 12 de marzo publicarase a lista provisional de inscritos (esta admite reclamacións cando no listado se da algún erro debido ao manexo dos datos pola Federación, por exemplo, baixas ou cambios solicitados en tempo que non aparecen no listado, ...). É moi importante revisar este listado para ter opción a reclamar se houbese algún erro no mesmo.

 

  • Publicación lista definitiva de inscritos

 

O venres 13 de marzo publicarase a lista definitiva (esta é firme e non admite xa cambio algún).

 

PUBLICACIÓN DA ORDE E OS HORARIOS DE SAÍDA DOS EQUIPOS 

O xoves 5 de marzo efectuarase o sorteo e publicarase a orde de saída

 

UBICACIÓN SAÍDA, TRANSICIÓN E META

A secretaría, a area de transición, saída e meta da proba estarán situadas na "Pista de Rodadura" situada na Avda. Mestre Manuel Gómez Lorenzo.

Coordenadas 42.773555, -8.485476

 

SERVIZOS

  • polideportivo municipal de Vedra:

                        vestiarios, duchas e aseos. Coordenadas 42.773046, -8.483207

  • pista de rodadura:

                        secretaría e gardarroupa. Coordenadas 42.773555, -8.485476

 

RECOLLIDA DE DORSAIS

Na Secretaría da proba entre as 12:00 e as 16:00

 

HORARIOS DA COMPETICIÓN

Posta en marcha do reloxo as 15:30

Saída do primeiro equipo as 15:31

Saída do último equipo as 17:52

(Os horarios poderán adaptarse en función do número de equipos)

 

CONTROL DE MATERIAL

apertura as 13:00

Ocean Lava Galicia Promoción: peche 15:15

Ocean Lava Galicia Open: peche 15:15

Ocean Lava Galicia feminino e campionato galego feminino 16:40

Ocean Lava Galicia masculino e campionato galego masculino 17:05

os compoñentes de cada equipo deberan pasar o control todos a vez e será obrigatorio portar licenza ou dni.

(os horarios poderán sufrir pequenas modificacións en función do número de equipos)

 

REUNIÓN TÉCNICA

Colgarase na web da proba e na web da Fegatri no apartado Competicións /Regulamentos o xoves 5 de marzo.

 

CLASIFICACIÓNS

Ocean Lava Feminina

Ocean Lava Masculino

Ocean Lava Open Masculino

Ocean Lava Open Feminina

Ocean Lava Promoción Masculino

Ocean Lava Promoción Feminina

Campionato galego por equipos masculino

Campionato galego por equipos feminino

 

TROFEOS E PREMIOS

Ocean Lava

1º equipo masculino e feminino                        100 €             trofeo

2º equipo masculino e feminino                          90 €              trofeo

3º equipo masculino e feminino                          80 €              trofeo

 

Ocean Lava Open

1º equipo masculino e feminino                        trofeo

2º equipo masculino e feminino                        trofeo

3º equipo masculino e feminino                        trofeo

 

Ocean Lava Promoción

1º equipo masculino e feminino                        trofeo

2º equipo masculino e feminino                        trofeo

3º equipo masculino e feminino                        trofeo

 

Campionato galego por equipos

1º equipo masculino e feminino                         100 €             trofeo

2º equipo masculino e feminino                           90 €             trofeo

3º equipo masculino e feminino                           80 €             trofeo

 

ENTREGA DE TROFEOS

19:15 HORAS

 

CRONOMETRAXE

A proba contará con cronometraxe electrónica.

 

NORMAS DE COMPETICIÓN

 

A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición vixente da Federación Galega de Tríatlon e da Federación Española de Triatlón.

http://fegatri.org/federacion/estatutos/regulamentos/

 

CÁMARA DE CHAMADAS E SAIDA

Os equipos deberán estar na cámara de chamadas 5 minutos antes da hora asignada para a súa saída

Os equipos tomarán a saída coa separación establecida polo Delegado Técnico da proba.

O horario de saída de cada equipo será establecido e publicado unha vez pechada e confirmada a inscrición e salvo causa organizativa de forza maior non se modificará baixo ningún concepto.

Na proba Open primeiro sairán os equipos femininos e despois os masculinos.

 

ORDEN DE SAIDA E SEPARACIÓN ENTRE PROBAS 

                            

Dende a posta en marcha do reloxo cada 1' sairá un equipo

Haberá unha separación mínima de 10' nos seguintes casos:

Entre o último equipo do Ocean Lava Open e o

primeiro equipo do Ocean Lava feminino.

Entre o último equipo do Ocean Lava feminino (campionato galego)

 e o primeiro do Ocean Lava masculino.

 

ORDE DE SAÍDA

Equipos Ocean Lava promoción femininos

Equipos Ocean Lava promoción masculinos

Equipos Ocean Lava Open femininos

Equipos Ocean Lava Open masculinos

Equipos Ocean Lava femininos

Equipos Campionato Galego femininos

Equipos Ocean Lava masculino

Equipos Campionato Galego masculino

 

Dentro desa orde, en cada grupo 1), 2), 3) entre os equipos efectuarase un sorteo. O equipo que saia agraciado será o último en saír en cada grupo, o penúltimo en sair será o seguinte equipo por orde alfabético e así sucesivamente.

 

Na proba Open os equipos B serán os últimos en sair, sendo precedidos polos C, os D e así sucesivamente. Os equipos pertencentes a un mesmo club deberán sair cunha separación mínima de 2 minutos (nese caso intercalarase un equipo de outra entidade).

 

O xoves 5 de marzo publicarase a orde de saída.

 

ORDE DE SAÍDA NO CAMPIONATO GALEGO

 

Terase en conta o Campionato Galego de equipos de 2019.  Sendo o 1º clasificado masculino e o  1º clasificado feminino os últimos en saír de cada carreira, o 2º e 2ª os penúltimos e así sucesivamente.

http://fegatri.org/wp-content/uploads/2019/03/CLASIFICACI%C3%93NS-OCEAN-LAVA-GALICIA-2019.pdf

 

Os equipos participantes no campionato galego feminino e no campionato galego  masculino que non teñan ranking, sairán xusto antes dos rankeados, en cada campionato galego respectivamente, efectuando un sorteo idéntico ao dos demais grupos.

 

PROCEDEMENTO DE SAÍDA

 

Cada equipo tomará a saída en conxunto e ao completo, na hora establecida.

Os equipos que tomen a saída con retraso deberán esperar a que o oficial de saída lles permita iniciar a competición, nunca a menos de 30 segundos do equipo anterior e a súa hora de saída para ter en conta nas clasificacións será a que tiñan asignada.

 

CICLISMO

 

O equipamento permitido será o mesmo que o das competicións nas que non se pode ir a roda.

A circulación será obrigada pola dereita.

Está permitido ir a roda entre os compoñentes do mesmo equipo.

Se un equipo alcanza a outro, non pode situarse a roda, nin diante do equipo alcanzado.

Durante os adiantamentos os equipos manterán a distancia lateral de 2 metros.

Despois dos adiantamentos o equipo adiantado deberá retrasarse ata unha distancia de 25 metros detrás do equipo que o superou.

equipo que intentando adiantar non o acade, deberá retrasarse tamén 25 metros. Se é necesario un oficial pode obrigar a manter esas distancias.

Os deportistas descolgados do seu equipo non poderán ir á estela nin preceder a ningún outro equipo ou deportista descolgado.

No caso de que un ou mais integrantes do equipo se atopen descolgados a máis de 30 segundos do seu equipo deberán abandonar a competición.

Os compoñentes dun equipo poden axudarse entre si, (por exemplo coas reparacións, avituallamento, empuxando, etc.) pero sen a axuda de elementos externos de competición.

 

CARREIRA

 

Os compoñentes dun equipo poden axudarse entre si, pero sen a axuda de elementos externos á competición.

No caso de que un ou mais integrantes do equipo se atopen descolgados a máis de 30 segundos do seu equipo deberán abandonar a competición.

 

ÁREA DE TRANSICIÓN

 

A área de transición incluirá unha zona de espera, próxima á saída da mesma, onde os deportistas poderán esperar aos outros compoñentes do equipo.

Os equipos non poderán saír ata que estean presentes ao menos 4 dos seus compoñentes.

 

5º e 6º compoñentes terán unha marxe de 30 segundos para abandonar a área de transición. Pasado este tempo non poderán saír ao seguinte sector.

 

CRONOMETRAXE E RESULTADO

 

O tempo do equipo será o do cuarto deportista que chegue á meta.